Blogia
Andresadas

Un relato de amor

Un relato de amor

Este é un traballo que entreguei o ano pasado á mestra de Comunicación Escrita. Pedíame unha narración, que contivera as palabras ordenador, facultade e chuvia... Cun diálogo (tanto directo coma indirecto), con esa base, escribín estas verbas... A ver que vos parecen...

Correndo. Correndo a máis non poder.Chuvia, chuvia e mais chuvia. Non podía ollar nada mais alá das miñas gafas.Todo o chan estaba mollado e os meus zapatos patinaban como se dunha pista de xeo se tratase. Non era capaz de correr, nin tan siquera de a seguir ; o vento e o frío impedíanmo. Toda a xente xirábase e ollábame de forma estraña: estaba totalmente enchoupado, con tan só unha camisola de manga corta, e arrastrando o resto da miña roupa que levaba entre os brazos como boamente podía. Tal vez o meu aspecto resultase un tanto cómico e ridículo, pero eu non o pensaba así. De súpeto, despois de correr o que a min me pareceron miles de quilómetros, vina. Comecei a berrar o seu nome sen cesar, mentres todos os transeúntes ficábanse ollando fixamente. Ao ver que ela non me facía caso, caín rendido de xeonllos sobre o asfalto. De repente, noto como unha man me apaña o queixo e diríxeo cara o ceo. Ela ollábame á cara, cos ollos chorosos, e entón comecei a cantar unha das súas cancións preferidas:

 

- I´m dancing, and singing, in the rain...

 

            A miña facultade. A moderna e espectacular facultade de Ciencias Sociais. Sentado nunha mesa da zona de informática enfronte a un ordenador, fumando un pito e cunha aspirina acompañada dun vaso de auga sobre a mesa, por se me entraba de novo a dor de cabeza. A señora da limpeza fixo un aceno un tanto brusco para que apagase o cigarro, pero a min non me importaba o que ela me dixese: falaba por internet co amor dos meus amores. Fun á facultade para poder conectarme á rede e escribirme con ela aínda que só se tratase dunhas liñas. Estaba na súa casa e eu mandáballe fotos e cancións que sabia que a ela lle gustaban. Para min non había nada máis importante que estar con ela e poder senti-la , aínda que tan só sexa por internet. Era unha sensazón indescriptíbel, que enchía o meu baleiro interior. De repente, Rosalía corta por completo a conversación e pregúntame:
- Xosé, temos que falar, importarche que me pase agora pola facultade ou estás a traballar?
- Claro que non cariño, sabes que ti podes vir cando queiras- respondín, tecleando as teclas con nerviosismo...Se unha rapaza che di: "temos que falar", en poucas ocasións se dá o caso de que sexa algo positivo para a continuidade da parella, pero quen sabe, igual se trataba de calquera chorrada sen importancia. Ela sabia perfectamente como deixarme desacougado e impaciente.

 

            Chegou á facultade nun momento, nin tan siqueira dérame tempo a falar con uns amigos que alá estaban, pero aínda así estaba demasiado preocupado para estar cos colegas. Ela estaba, como sempre, espléndida. Ía abrigada ate o pescozo, xa que, ao igual ca min, se atopaba un pouco enferma. Deille un bico, pero ela  facendo un guiño e un aceno un tanto estraño, dirixiuse á cafetería para falar comigo, un detalle que me chamou a atenzón. Sentouse, cruzando as pernas e comezando a balancearse na cadeira ollando para todos os lados, salvo para a miña cara. Eu non podía deixar de a mirar , como sempre me pasara desde o día no que a coñecín. A intranquilidade e a falta de agarimo que me estaba a demostrar Rosalía, provocaba na miña unha sensazón de terror e pánico, e por primeira vez na miña vida, desexei que ela non estivese alí naquel momento.

 

- Xosé, ti sabes o que me pasou estes días que non estivemos xuntos non?- preguntoume Rosalía esperando unha resposta que a satisfixese.
- Pois o que me dixeras, non?que tiñas unha morea de traballos pendentes e tiñas que apurar este cuadrimestre para poder quitar todas as asignaturas.- contestei, sabendo que nin eu mesmo cría as palabras que estaba a pronunciar naqueles intres.
- Xosé, vouche dicir a verdade e sen rodeos.- díxome esta vez ollándome fixamente á cara- coñecín a outra persoa, e aínda que sei que ti es un tío estupendo e hai poucos coma ti, non podo negar que estou namorada del. Síntoo. Sempre poderemos ser amigos- concluíu cun enigmático sorriso.- Adeus- e dándome un bico na miña meixela que magoas notei, marchou. Marchou sen mais.

 

            Mentres vía como ela marchaba, eu me ficaba colado ao asento, inmóbil, ollando para o chan, que semellaba que era o único que non se burlaba do meu. Dous compañeiros viñeron no meu auxilio, pero aparteinos cos brazos con todas a miñas forzas e comecei a correr detrás dela.

 

0 comentarios